Visitas do Blog

domingo, 26 de xaneiro de 2014

A DENSIDADE

O pasado mércores, 20 de xaneiro, os alumnos/as de 5º de primaria fixemos un experimento para entender o que é a densidade. Para iso precisamos: unha balanza, vasiños de plástico iguais, auga, aceite, leite de soia, sal, fariña, e algodón. O primeiro que fixemos foi encher un vaso de auga e outro de aceite. Comprobamos que o vaso de auga pesaba máis.
A continuación fixemos o mesmo con auga e con leite. Que sorpresa!!! Nós pensabamos que ían pesar o mesmo pero non, o leite pesaba máis ca auga.
Podemos dicir entón que no mesmo volume colle máis masa de leite que de auga; e colle máis masa de auga que de aceite. Entón o leite ten maior densidade cá auga e o aceite ten menor densidade cá auga.
Facendo á inversa tamén comprobamos que tendo un paquete de 1kg de fariña e un paquete de 1 kg de sal ocupa máis espazo o quilo de fariña. A continuación os nenos e nenas quixeron mesturar os ingredientes. Así o aceite flotaba na auga e no leite e a auga e o leite afundían no aceite. Comprobamos tamén que un corpo flota na auga cando ten menor densidade ca ela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario