Visitas do Blog

xoves, 13 de febreiro de 2014

Charla bombeiro

Hoxe veu Manel, un bombeiro que nos explicou que temos que facer no caso de que haxa un incendio no colexio.Realmente aprendimos moitas cousas.Aquí están os pasos a seguir:
 1. Pechar todas as ventanas.
 2. O/A encargado de clase tocaría a porta para ver se está quente. Se é así todos deberemos ir ao final da aula(quere dicir que o incendio está ao outro lado da porta)e quedarnos alí. Se a porta está fría deberá abrila un pouco e comprobar se fóra hai fume, ao comprobar que non hai imos saíndo.
 3. Da clase temos que saír EN FILA, EN ORDE e EN SILENCIO. É moi importante o silencio xa que pode que alguén estea nun servicio ou nun armario pedindo axuda e non o escoitemos.
4. Baixaremos polas escaleiras que están en fronte á nosa clase. Como nós estamos na seguna planta debemos ir pegados ao pasamán. É moi importante isto porque os da 1ª planta irán pegados á parede. A clase que sae primeiro é a que está máis cerca das escaleiras. Antes de baixar debemos petar nas portas veciñas para avisar aos demais, por se non se enteraron.
5. Ao saír da clase non collemos nada (nin mochilas, nin abrigos...) e o último da fila collerá unha silla e a porá fóra, coa porta pechada. Así cando cheguen os bombeiros saberán que esa aula está evacuada.
6. Baixaremos(se é o caso tapando o nariz) e sairemos pola parte esquerda da porta principal ata chegar ao punto de encontro, que será detrás da segunda canasta.
 ***No caso de estar na aula de inglés, como está no mesmo pasillo seguiranse os mesmos pasos.
***No caso de estar na aula de música faremos o mesmo pero baixando polas escaleiras do outro lado. Nese caso sairemos pola parte dereita da porta que dá ao patio cuberto e o punto de encontro será ao lado do pavillón.
***No caso de estar na aula de plástica a baixada realizarase pegados á parede, xa que está na primeira planta, e a saída será pola parte esquerda da porta que dá ao patio cuberto.
***Se alguén está no servicio debe unirse ao primeiro grupo que atope e non dar voltas buscando á súa clase. Para calquera URXENCIA chamar ao 112

Ningún comentario:

Publicar un comentario