Onte tivemos outra visita. Esta vez tratábase de Jesús López Bergantiños,un Garda Civil que nos veu falar dos riscos que corremos ao navegar por internet. A charla estaba dirixida aos nenos/as de 3º ciclo(5º e 6º).
Resultou moi interesante e aprendimos, por exemplo, que non hai nada gratis, que a xente non invirte o seu tempo e os seus coñecemewntos a cambio e nada. Explicounos que é unha rede social e o que non debemos facer se temos unha: hai que tomar certas precaucións como non colgar fotos que non poñeriamos no taboleiro do cole, non dar información persoal a xente que non coñecemos, non aceptar "amigos" polo mero feito de aumentar a lista, etc. Tamén nos falou e ensinou un Código Penal, que é un libriño onde veñen recollidas as faltas ou delitos que pode cometer alguén e os castigos ou penas que lle poden caer, sexa ou non maior de idade. Díxonos que era o que miraban os xuíces. Quedáronlle tantas cousas que contarnos que ao mellor volve a finais de curso. Diego, que saiu voluntario para ler un pouco do Código Penal,pediulle tocar a súa chaqueta, que lle facía moita ilusión. Jesús deixoulle tocala e púxolla enriba...jajaja.....estaba moi gracioso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario