Visitas do Blog

venres, 28 de febreiro de 2014

Entroido 2014

Un ano máis imos celebrar o Entroido e temos que ir pensando de que nos imos disfrazar.

Como este curso estamos a levar a cabo un proxecto que se titula "Por terra, mar e aire" todo o cole vaise disfrazar de diferentes animais e  cada ciclo está elaborando uns disfraces moi chulos. 
A nós , os do 3º ciclo, tocounos ir de aves e as  escollidas foron os ANGRY BIRDS, eses paxaros algo raros que sempre están enfadados.
 Despois de moito traballo e algún quebradeiro de cabeza chegou o día de ensinar todo o noso traballo.
Empezamos a primeira hora da mañá: disfrazámonos, pintámonos a cara e baixamos ao salón de actos para o festival. Estaba o salón cheo de familiares. Todos os cursos fixeron algo: uns cantaron, outros interpretaron unha pequena obra...e nós, os de 5º, xunto cos nosos compañeiros de 6º interpretamos unha canción con diversos instrumentos. Era bastante difícil e costounos bastante aprendela pero ao final saiunos ben. Temos que dicir que os nenos e nenas de 2º acompañáronnos cantando. Quedou chulísimo.
Despois saímos polos arredores dando un pequeno paseo e ao chegar de volta ao cole.....
O TÚNEL!!!!!! 
Hai que pasar por el e ter coidado xa que che pode caer unha pouca auga ou algo de fariña...e ao saír del unha rosquilliña, orella ou freixó para darnos unhas poucas forzas.Aquí vos deixo unhas imaxes para que vexades que ben o pasamos. ATA O PRÓXIMO ANO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario