Visitas do Blog

venres, 20 de xuño de 2014

Fin de Curso

Por fin chegou o día que tanto lles gusta aos nenos/as e ...bueno......tamén aos profes.
Despois de traballar todo o ano, estudar, facer as tarefas, madrugar....toca descansar e coller enerxías para comezar outra vez en setembro.
Hoxe é un día de moit
a actividade, imos facer unha pequena festa na clase cos compañeiros de 6º, que xa se van do cole. Tamén faremos un acto de despedida para eles, xogaremos uns partidos de fútbol e....darannos as notas, que esperemos que sexan boas.
Moita Sorte a todos/as e FELIZ VERÁN!!!
Non vos esquezades de ler moito e se vedes que vos aburrides e non sabedes que facer, collede o libriño de matemáticas e facede algunha división que seguro que vos entretedes un pouco e vos acordaredes de min.
Pasádeo ben e disfrutade moito.

Bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario