O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi
naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en
Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a
discriminación de que eran obxecto os hindús. Ao volver á India
organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non
cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre
hindús e musulmáns. Encarcelado en numerosas ocasións, era en 1937 o
líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a
millóns de indios.
Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación,
co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao
descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio,
a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra"
(Vidal, 1972).
No noso cole quixemos aportar o noso gran de area facendo un mural entre tod@s, que podedes ver na entrada do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario