Visitas do Blog

xoves, 21 de maio de 2015

Estamos de volta

Despois de estes meses sen dar sinais de vida.....estamos de volta!!!!!
Non pensedes que estivemos de vacacións ........todo o contrario. Non paramos!!
Dende o Entroido non deixamos de facer actividades.

Co motivo do Día de San Valentín celebramos a Semana do Agarimo. Consistía en que cada neno/a, pai/nai, avós/avoas, etc. escribíralle unha carta de agradecemento aos alumnos/as, incluso a algún profe.
A verdade é que tivo bastante éxito. Á nosa clase tamén chegaron varias cartas, unha delas escribiuna a profe, adicada a todo o grupo clase.

Non vos esquezades nunca da importancia de dicirlle ás persoas máis importantes para vós o que sentides. Se non o facedes a miúdo practicade, xa veredes que ben vos sentides.

Dende o 13 de febreiro ata o 27 de marzo tivemos a sorte de ter a Dani na nosa clase. Estivo a facer as prácticas do 3º curso de Grao en Mestre de Educación Primaria.

O venres 6 de marzo, como tódolos anos, fomos á Casa da Cultura para celebrar o día da Muller Traballadora. Os alumnos/as do 3º ciclo escollimos uns textos da autora Francisca Herrera , que foi a primeira muller elexida académica da Real Academia Galega . Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 1987.


O venres 10 de marzo, o noso Orientador (e tamén Director) Benigno Sánchez Vales, deunos unha charla sobre "Técnicas e Hábitos de Estudio".


Seguimos ....o 27 de marzo, ademais de darnos as notas da 2ª avaliación, fomos ao Pavillón da Xunqueira para participar na xornada de Atletismo Divertido  que tódolos anos organiza o Concello de Fene para todos os centros de primaria. Coma sempre pasámolo moi ben.

O 14 de abril viñeron á nosa clase dous rapaces a contarnos que tipo de aves tiñamos no noso concello e como podiamos axudar a protexelas.




O 15 de abril visitounos Antón Cortizas, un escritor ferrolano que escribiu numerosos libros infantís e xuvenís. Algúns alumnos/as do 3º ciclo representaron o conto "Contín Contón" para todo o alumnado do centro. Saiulles moi ben. 






O 20 de abril tamén tivemos unha charla sobre  reciclaxe.

Por outra banda, tamén dende o concello (concretamente dende o departamento de cultura e deportes) propuxéronnos participar, xa que tiñamos reservado o Parque de Educación Viaria o 8 de maio, na celebración da III Semana Mundial da Educación Viaria. Para iso tivemos a visita, o 28 de abril, de dúas funcionarias do departamento de tráfico de A Coruña. Contáronnos en que ía consistir o acto do 8 de maio e tamén que podiamos facer entre tod@s, peatóns e condutores, para reducir os accidentes de tráfico.


Ademais de todo isto e ao longo de 10 semanas recibimos na nosa clase a visita de Raquel, unha Educadora Social que veu para traballar con nós as Habilidades Sociais. Dende diferentes xogos, foinos plantexando  situacións da vida cotiá ás que nós temos e teremos que enfrontarnos e que ás veces cóstanos tanto traballo. Gustounos moito e pareceunos moi produtivo.

Igual que o curso pasado, participamos en dous concursos propostos tamén polo concello de Fene: Microrrelatos e Creación Artística,:Poesía e Imaxe. Os microrrelatos(5º e 6º de EP) teñen que ser de 150 palabras como máximo e este ano tiña como temática As Lembranzas e había que comezalo  así:
"É agora a hora de...."
A creación artística (infantil e primaria) consiste en ler unha serie de poesías, escoller unha e facer unha creación artística relacionada con ela. Saíron traballos moi bonitos, algúns podedes velos expostos na entrada do cole.

Para rematar, contarvos que xa que os días 1, 2 e 3 de xuño imos de excursión á Granxa Escola "Ría del Eo" e nos faltaban uns cartiños para poder pagar a viaxe, estivemos organizando o III Mercadillo O Ramo. Unha actividade na que intentamos vender produtos elaborados por nós mesmos: carteiras, axendas, marcapáxinas, bolsos...e diferentes postres elaborados polas familias dos nenos e nenas de 5º e 6º. Pois ben, o Mercadillo fíxose o pasado 15 de maio aproveitando a celebración dos maios e foi un gran éxito. Merecémolo despois de tanto traballo. Aproveito para dar as grazas a todos vós pola vosa colaboración. 













Ningún comentario:

Publicar un comentario