Visitas do Blog

luns, 8 de xuño de 2015

2º Día na Granxa Escola

Despois dunha noite movidiña( a verdade é que nos costou un chisco quedarnos durmid@s) fomos tomar o desayuno...Que rico!!!: leite con colacao, zumes, galletas, cereais e pan recén tostado con manteiga e marmelada.
A mañá estaba espléndida, así que fixemos unha camiñata ata a beira do río Eo. Foi un paseo moi bonito e doado de facer. Xa na ribeira Alex, o noso monitor, ensinounos a recoñecer o sexo dos cangrexos...Despois subimos a unha especie de illote a ver que vexetación había, así como os distintos pobos que había ao noso redor e a onde pertencían, por exemplo, Castropol a Asturias, Ribadeo a Galicia. A volta costounos un pouco máis xa que facía calor e tiñamos fame. Ao chegar deixáronnos descansar ata a hora de comer. Había pasta con tomate de primeiro, albóndigas con patacas fritidas de segundo e natillas de postre. Todo estaba moi rico.
Pola tarde fixemos varias actividades: primeiro explicáronnos como era un horto e plantamos unha leituga cada un de nós, logo fomos ao campo e aprendimos a facer uns chaveiros, logo montamos a cabalo e nos tiramos en tirolina, que guay!!!
Duchas, tempo libre e cea. Tocaba sopa de primeiro, san xacobos con patacas de segundo e xelatina de postre. Despois xogos. Pero hoxe tiñamos a granxa para nós sos. Rímonos moito cos xogos que nos fixeron: con Raúl soprando a cegas, con Ignacio e Bruno dándose labazadas cunha culler e con Lucía e Iria V. facendo de burro e Nerea recorrendo o seu lombo.
Despois propuxéronnos un pequeno reto: unha xincana polo exterior da granxa.......A ESCURAS.
AAAAAAHHHHHHHHHH!!!!!!!Que medo e que ben o pasamos.
Para finalizar, un pouco de música para rematar de cansarnos e a durmir.....xa non podiamos máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario