Visitas do Blog

luns, 1 de xuño de 2015

1º Día na Granxa Escola

Por fin chegou o día que tanto tempo levavamos esperando.
Ás 8:20 horas estabamos todos no cole....nunca tan puntuais fomos. Jeje
Saímos sobre as 8:45. Durante a viaxe choveu miudiño e atopamos zonas con bastante néboa, pero sen problema. Fixemos unha paradiña á altura de Lourenzá. Chegamos á granxa ás 11:00 horas, máis puntuais imposible.

Deixamos as bolsas nas habitacións, puxemos as sabas baixeiras nas camas(cada un a súa) e baixamos a que nos explicaran as normas e as diferentes actividades que iamos realizar.
Pola mañá fixemos un boliño de pan e tivemos tempo libre ata a hora do xantar, que é ás 13:30h.
Hoxe tocaba guiso de carne de primeiro, variñas de peixe e empanadillas con ensalada de segundo e un peladillo de postre. Despois de explicarnos como tiñamos que abandonar as nosas mesas e onde deixar as bandexas deixáronnos ir mercar un xeado.
Despois aseámonos, e tivemos tempo libre ata as 3:30h. Logo fomos á horta, prantamos unhas leitugas e regámolas. Logo fixemos unhas velas de cera e fomos facer un percorrido en bicicleta.
Despois merendamos e fixemos máis artesanía: broches e pirograbado. Estamos a pasalo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario